Saltar ao contido

Xogos Olímpicos de Inverno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de Inverno
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
DeporteDeporte de inverno Editar o valor en Wikidata
OrganizadorComité Olímpico Internacional Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1924 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadafebreirofebreiro Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia4 Editar o valor en Wikidata

Os Xogos Olímpicos de Inverno son un grande evento deportivo organizado polo Comité Olímpico Internacional que se celebra cada 4 anos dende 1924. Os deportes que teñen acollida nesta competición son aqueles que se practican sobre neve ou sobre xeo, e que polo tanto son máis propios do inverno. Disciplinas como o esquí de fondo, a patiaxe de velocidade, a patinaxe artística, o hóckey sobre xeo, o bobsleigh e os saltos de esquí forman parte dos xogos olímpicos de inverno dende a súa primeira edición, que tivo lugar na localidade francesa de Chamonix.

Disciplinas

[editar | editar a fonte]
Deporte Anos Nº de
probas
Probas programadas para Vancouver 2010
Bíatlon Dende 1960 10 Sprint (masculino: 10 km; feminino: 7.5 km), individual (masculino: 20 km; feminino: 15 km), persecución (masculino: 12.5 km; feminino: 10 km), relevos (masculino: 4x7.5 km; feminino: 4x6 km), saída en masa (masculino: 15 km; feminino: 12.5 km).
Bobsleigh 1924–1956
1964–presente
3 a 4 masculino, a 2 masculino, a 2 feminino.
Combinada nórdica Dende 1924 3 10 km e salto en trampolín normal, 10 km e salto en trampolín largo e equipos todos eles só en categoría masculina.
Curling 1924
1998–presente
2 Torneo masculino e feminino.
Esquí acrobático Dende 1992 6 Probas masculina e feminina de moguls, aerials e skicross.
Esquí alpino Dende 1936 10 Descenso, Superxigante, Xigante, Slálom e Combinada alpina, todas en categoría masculina e feminina.
Esquí de fondo Dende 1924 12 Sprint masculino, sprint por equipos masculinos, 30 km persecución masculina, 15 km masculinos, 50 km masculinos e 4x10 km relevos masculinos; sprint feminino, sprint por equipos femininos, 15 km persecución femininos, 10 km femininos, 30 km (feminino) e 4x5 km relevos femininos.
Hóckey sobre xeo Dende 1924 2 Torneo masculino e feminino.
Luge Dende 1964 3 Individual masculino e feminino, dobres masculinos.
Patinaxe artística Dende 1924 4 Individual masculino e feminino; parellas e danza.
Patinaxe de velocidade Dende 1924 12 Masculino e feminino 500 metros, 1000 metros, 1500 metros, 5000 metros e persecución por equipos. 3000 metros femininos e 10000 metros masculinos.
Patinaxe de velocidade en pista curta Dende 1992 8 Masculino e feminino 500 metros, 1000 metros, 1500 metros; 3000 metros relevos femininos; e 5000 metros relevos masculinos.
Saltos de esquí Dende 1924 3 Trampolín normal, trampolín longo e equipos, todas en categoría masculina.
Skeleton 1924; 1948
Dende 2002
2 Probas masculina e feminina.
Snowboard Dende 1998 6 Slálom xigante paralelo masculino e feminino, half-pipe e snowboard cross.

Edicións

[editar | editar a fonte]

As edicións dos xogos olímpicos de inverno celebráronse sempre cada 4 anos con 2 excepcións: Entre a edición de 1936 e a de 1948 pasaron 12 anos por mor da segunda guerra mundial, que provocou a suspensión das edicións de 1940 e 1944. Entre as edicións de 1992 e 1994 pasaron só 2 anos por mor da decisión do COI de que deixasen de coincidir no mesmo ano os xogos de verán e os xogos de inverno. Os Estados Unidos acolleron catro edicións dos xogos olímpicos de inverno, mentres que Francia o fixo en tres ocasións, as mesmas que terá celebrado Italia para 2026.

Ano Evento Sede Datas Países Deportistas Probas
1924 I Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Francia 25 de xaneiro
5 de febreiro
16 292 16
Chamonix Francia
1928 II Xogos Olímpicos de Inverno 11 de febreiro
19 de febreiro
25 464 14
Sankt Moritz Suíza
1932 III Xogos Olímpicos de Inverno 4 de febreiro
15 de febreiro
17 252 14
Lake Placid Estados Unidos
1936 IV Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira da Alemaña Nazi 6 de febreiro
16 de febreiro
28 668 17
Garmisch-Partenkirchen Alemaña
1948 V Xogos Olímpicos de Inverno 30 de xaneiro
8 de febreiro
28 669 22
Sankt Moritz Suíza
1952 VI Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Noruega 14 de febreiro
25 de febreiro
30 694 22
Oslo Noruega
1956 VII Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Italia 26 de xaneiro
5 de febreiro
32 820 24
Cortina d'Ampezzo Italia
1960 VIII Xogos Olímpicos de Inverno 18 de febreiro
28 de febreiro
30 665 27
Squaw Valley Estados Unidos
1964 IX Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Austria 29 de xaneiro
9 de febreiro
36 1.091 34
Innsbruck Austria
1968 X Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Francia 6 de febreiro
18 de febreiro
37 1.158 35
Grenoble Francia
1972 XI Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira do Xapón 3 de febreiro
13 de febreiro
35 1.006 35
Sapporo Xapón
1976 XII Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Austria 4 de febreiro
15 de febreiro
37 1.123 37
Innsbruck Austria
1980 XIII Xogos Olímpicos de Inverno 13 de febreiro
24 de febreiro
37 1.072 38
Lake Placid Estados Unidos
1984 XIV Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Iugoslavia 8 de febreiro
19 de febreiro
49 1.272 39
Saraxevo Iugoslavia
1988 XV Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Canadá 13 de febreiro
28 de febreiro
57 1.423 46
Calgary Canadá
1992 XVI Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Francia 8 de febreiro
23 de febreiro
64 1.801 57
Albertville Francia
1994 XVII Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Noruega 12 de febreiro
27 de febreiro
67 1.737 61
Lillehammer Noruega
1998 XVIII Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira do Xapón 7 de febreiro
22 de febreiro
72 2.176 68
Nagano Xapón
2002 XIX Xogos Olímpicos de Inverno 8 de febreiro
24 de febreiro
78 2.399 78
Salt Lake City Estados Unidos
2006 XX Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Italia 10 de febreiro
26 de febreiro
80 2.508 84
Turín Italia
2010 XXI Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Canadá 12 de febreiro
28 de febreiro
82 2.566 86
Vancouver Canadá
2014 XXII Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Rusia 7 de febreiro
23 de febreiro
88 2.873 98
Sochi Rusia
2018 XXIII Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Corea do Sur 9 de febreiro
25 de febreiro
92 2.922 102
Pyeongchang Corea do Sur
2022 XXIV Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira da China 4 de febreiro
20 de febreiro
91 2.861 109
Pequín China
2026 XXV Xogos Olímpicos de Inverno Bandeira de Italia 6 de febreiro
22 de febreiro
Por definir Por definir Por definir
Milán e Cortina d'Ampezzo Italia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]